FP Ciclos Superiores (L.O.E.)
O Ciclo
C.P.R. O RAIO VERDE, Escola de Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos, é un Centro que comezou a súa andaina no ano 1988, e no ano 2000 ampliou as súas instalacións para así poder facer fronte a unha demanda de alumnado que desexaba realizar estudios en audiovisuais. O Centro está homologado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (D.O.G 208/26/00/01-Nº de Centro 15032236) para imparti-lo Ciclo Superior en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos.
A escola esta tamén homologado pola Consellería de Traballo para imparti-los cursos de Técnico/a de Audiovisuais, Técnico/a de Son. Para estes cursos non se precisa ningún tipo de titulación; calquera persoa pode inscribirse no momento en que a Consellería os convoque.
PREMIOS E RECOÑECEMENTOS
-
-
- Premios Extraordinario de Formación Profesional
-
O alumno deste centro. LUIS EDUARDO FROID CASAL, foi proposto como gañador do Premio Extraordinario de Formación Profesional correspondente ao curso 2006/2007 (DOG do 13/02/08)
-
- Premios dirixidos a alumnado de Ciclos Superiores de Comunicación de Imaxe e Son
Terceiro Premio
Titulo “Marionetas de comsumo”
Autor: Joseba Sorli Alcantud
Nivel: 2º Curso Produción Audiovisual
Centro: CPR. O RAIO VERDE-Escola de Imaxe e Son de Santiago
Dotación económica: 700EUR
Accesit
Titulo “Comercio libre”
Autor: José Santos Martínez
Nivel: 2º Curso Produción Audiovisual
Centro: CPR. O RAIO VERDE-Escola de Imaxe e Son de Santiago
Dotación económica: 700EUR
A entrega de premios realizouse nos locais da Escola Galega de Consumo
Competencia Xeral
Con este curso adquírese a competencia para organizar, supervisar e xestiona-los recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, espectáculos e eventos.
Contorno Funcional
Organización, administración e supervisión da produción, así como da produción de obras teatrais ou programas audiovisuais, radiofónicos e espectáculos.
As persoas que obteña este título exercen a súa actividade no sector da producción de todo tipo de programas audiovisuais (cine, video, multimedia, televisión, radio e new media) así como na producción de espectáculos (artes escénicas, producción musicais e eventos).
Ocupacións e Postos de Traballo máis relevantes
Técnico/a en produción de programas de televisión, de obras cinematográficas, de obras videográficas, multimedia, de programas radiofónicos e de espectáculos e obras teatrais. Xestor cultural, etc.
Orientación Profesional
A súa orientación profesional é o mundo da produción e os seus axudantes ou auxiliares, nos tres medios. É o máximo responsable na organización dun produto audiovisual. Dende que xorde a idea para un programa ata que este estea listo para emitirse, o equipo de produción encárgase de valorar e coordinar tódolos elementos precisos para o éxito do mesmo. Estes elementos van dende a plasmación da idea dun guión pasando pola contratación do persoal técnico e artístico, organización e gravación, obtención dos elementos técnicos e de orzamento, ata que o produto está listo para chegar ó público. Polo tanto, a responsabilidade deste profesional reside en planificar, xestionar e supervisa-los recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para empresas de radio, cine televisión, vídeo e espectáculos, asegurando o cumprimento dos plans e obxectivos da produción, no tempo e nas condicións de custe establecidas, así como a lexislación e economía propias da produción e análise da empresa radiodifusora.
Requisitos
Terán preferencia para acceder a este ciclo formativo os alumnos que cursaran a modalidade de Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía, Bac. L.O.G.S.E., o Bacharelato Experimental, COU, ser Técnico/a Especialista, Técnico/a Superior ou equivalente. Quen non reúna estes requisitos e teñan 20 anos deberán acceder mediante unha proba específica de acceso a Ciclos que convoca a Consellaría de Educación.
Os ciclos desta familia profesional teñen unha duración de dous cursos académicos, cun total de 2000 horas lectivas, das que arredor de 400 do segundo curso, desenvolveranse en empresas como formación no centro de traballo (FCT), requisito indispensable para a obtención do título oficial unha vez superado o ciclo.
Módulos
MP0910 Medios técnicos audiovisuais e escénicos 187
Equiv. en créditos ECTS: 12
Coñece as necesidades técnicas dos equipos de rodaxe: cámara, iluminación, son…
MP0915 Planificación de proxectos audiovisuais 266
Equiv. en créditos ECTS: 15
Desenvolve as funcións correspondentes á planificación dos proxectos de cine, vídeo, televisión, multimedia, animación, radio e new media
MP0918 Planificación de proxectos de espectáculos e eventos 213
Equiv. en créditos ECTS: 11
Evalúa a viabilidade do proxecto de artes escénicas, musicais ou eventos,relacionando os obxectivos artísticos e económicos cos procesos necesarios para levar a cabo a produción
MP0920 Recursos expresivos audiovisuais e escénicos 187
Equiv. en créditos ECTS: 11
Recursos expresivos da linguaxe audiovisual e radiofónica
MP0923 Formación e orientación laboral 107
Equiv. en créditos ECTS: 5
Determinaranse as aptitudes e actitudes requiridas para a actividade profesional relacionada co perfil do título
MP0916 Xestión e realización de proxectos de cine,vídeo e multimedia 157
Equiv. en créditos ECTS: 10
Establece o sistema de xestión de estudos, localizacións de decorados, resolvindo a obtención de permisos e control de tempos e calidades de execución
MP0917 Xestión e realización de proxectos de televisión e radio 140
Equiv. en créditos ECTS: 7
Deseño das producións
MP0919 Xestión e realización de proxectos de espectáculos e eventos 105
Equiv. en créditos ECTS: 7
Selección e xestión dos medios técnicos e artísticos necesarios para a montaxe dun proxecto de artes escénica, musical ou evento
MP0921 Administración e promoción de audiovisuais e espectáculos 175
Equiv. en créditos ECTS: 11
Define os trámites que hai que seguir para a adquisición dos dereitos de autor dunha obra audiovisual ou espectáculo
MP0924 Empresa e iniciativa emprendedora 53
Equiv. en créditos ECTS: 4
Define a oportunidade de creación dunha pequena empresa, valorando o impacto sobre o contorno de actuación e incorporando valores éticos
MP0922 Proxecto de produción de audiovisuais e espectáculos 26
Equiv. en créditos ECTS: 5
Deseña proxectos relacionados coas competencias expresadas no título, incluíndo e desenvolvendo as fases que o compoñen
MP0925 Formación en centros de traballo (FCT) 384 384
Equiv. en créditos ECTS: 22
Este módulo contribúe a completar a competencia do título e os obxectivos xerais do Ciclo
Inglés Técnico1 40
Total créditos ECTS 125
Actividades complementarias
Aparte dos exercicios teórico-prácticos programados para cada módulo, O RAIO VERDE organiza varias experiencias pedagóxicas extraordinarias, fóra do horario regulamentado ao longo de todo o curso. Estas iniciativas parten da convición de que o alumnado ten que estar en contacto permanente co sector laboral no que vai a desenvolver a súa actividade profesional. Poden ser resumidas en tres grandes grupos:
1. Visitas de técnicos especialistas ao Centro
O interese educativo destas experiencias teñen como finalidade que o alumnado coñeza de primeira man as condicións reais dos traballadores de medios audiovisuais, teatro e espectáculos. Estas visitas artéllanse mediante unha charla-coloquio informal que prioriza a relación directa entre profesionais e alumnos/as, para que estes amosen as súas inquedanzas e dúbidas sobre as distintas facetas do seu futuro labor e, por extensión do sector no que traballará.
2. Visitas do alumnado a centros de traballo
En canto a estas actividades, o seu interese educativo radica na posibilidade de que os alumnos/as poidan coñecer `in situ´ as condicións laborais do sector en Galicia. Para, levalos a cabo O RAIO VERDE xestiona os permisos previos e transportes necesarios, establece o contacto coas persoas responsables da produción no centro de traballo e que, a súa vez, serva de guía da estancia visitada.
Entre as visitas programadas en cada ano académico podemos citar a modo de exemplo á visita guiada á CRTVG e ao Salón Teatro (coincidindo con algunha estrea do Centro Dramático Galego). Así como a asistencia á realización en directo de programas televisivos e radiofónicos.
Non sempre son os estudantes os que visitan aos centros de traballo, senón que empresas e profesionais do sector empregan os medios dispoñibles na Escola para a realización dos seus programas. Podemos citar a realización en directo do programa radiofónico “Boas tardes” da Cadea Ser ou a gravación do programa piloto “Jaque Mate” e que contaron coa participación do alumnado.
Colaborouse coa asistencia e participación na produción na edición dos Premios da Academia Galega do Audiovisual, no Cartoon Forum e na Gala dos Premios María Casares (premios do teatro galego). Participouse no Seminario Mercado Exterior do Cine Español e no Congreso de Audiovisual na Educación celebrado en Santiago.
Ademais hai que sinalar que dende a Escola se promove e se xestiona a asistencia dos alumnos cada ano ao Festival de Cine Independente de Ourense, a Festifeira (Vilagarcía) e ao Festival de Cine de Viana do Castelo (Portugal), que serve de referencia para coñecer á actualidade da produción audiovisual e como punto de encontro con outras escolas, profesionais, etc. asi como para reafirmar os lazos de amizade entre os propios compañeiros do ciclo formativo, e contribuíndo a consolidar o sentimento de pertenza ao grupo- clase.
Por outro lado, hai que destacar a ampla oferta cultural, de espectáculos e de formación permanente que se oferta na cidade de Santiago de Compostela.
Entidades como o Clube Internacional de Prensa, o Clúster do Audiovisual Galego, o CGAC ou as diversas salas privadas e públicas organizan ao longo de todo o curso académico eventos vencellados ao ciclo formativo de transcendencia nacional e internacional.
Aproveitando, este emprazamento privilexiado da Escola, promóvese a asistencia dos/as alumnos/as na participación das mesmas: Curtocircuito, Cineuropa, charlas de persoeiros de ampla traxectoria no sector, cursos específicos sobre aspectos concretos do contido do Ciclo de Produción Audiovisual, Radio e Espectáculos… Así como se acompaña aos estudantes á estreas cinematográficas, teatrais e a rodaxe de distintos produtos audiovisuais (series e programa de televisión, de radio, películas cinematográficas ou spots publicitarios).
3. Cursos complementarios
Desde O RAIO VERDE considerouse convinte completar a formación regrada para o ciclo con cursos enfocados á especialización en ámbitos específicos, especialmente no eido das ferramentas informáticas. Entre os talleres máis recentes hai que citar a aprendizaxe do manexo de programas específicos de produción, como o Movie Magic Scheduling, de manexo avanzado dos programas do paquete de Microsoft Office ou de deseño gráfico, como o Corel Draw, Freehand, e Photoshop.
ACCESO A GRADOS UNIVERSITARIOS Y VINCULACIÓN A OTROS ESTUDIOS
El título de Técnico Superior en Producción de Audiovisuales y Espectáculos permite el
acceso directo para cursar cualquier otro Ciclo Formativo de Grado Superior, en las
condiciones de admisión que se establezcan.
El título de Técnico Superior en Producción de Audiovisuales y Espectáculos permite el
acceso directo a las enseñanzas conducentes a los títulos universitarios de Grado con la
nota media del ciclo superior.
(Puedes informarte del proceso en: http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-universidade).
Además, las personas interesadas en acceder a la Universidad tras cursar estos estudios
pueden convalidar hasta 120 créditos CTS, entre todos los módulos profesionales de este
ciclo formativo. (Consulta los créditos convalidados en el siguiente enlace:
http://www.edu.xunta.es/fp/validacions-ciclos-superiores-fp-estudos-universitarios.