ASISTENCIA Á DIRECCIÓN CINEMATOGRÁFICA E DE OBRAS AUDIOVISUAIS

DURACIÓN TOTAL: 440 horas  (semipresencial)

   . Módulos formativos : 360 horas lectivas ( 200 h presenciais e 160 h a distancia)

   . Prácticas profesionais non laborais (en empresa): 80 h

 

FAMILIA PROFESIONAL: Imaxe e Son

 

NIVEL DE ESTUDIOS: Non se require

 

NIVEL: 3

 

COMPETENCIA XERAL: Asistir á planificación, organización e supervisión da preparación e execución de proxectos cinematográficos ou obras audiovisuais dende o guión ata a montaxe e postprodución, determinando e coordinando os medios técnicos, artísticos, humanos e materiais necesarios para a súa consecución no tempo e ca calidade establecida axustándose ós criterios técnicos, formais e artísticos marcados.

 

OCUPACIÓNS E POSTOS DE TRABALLO RELACIONADOS:

. Axudante de dirección de cine.

. 2º axudante de dirección de cine.

 

. Axudante de realización en produtos videográficos.

 

MODULOS E UNIDADES FORMATIVAS

 

MF0700_3: Planificación do proxecto cinematográfico ou obra audiovisual.

     .UF0667: Proxecto cinematográfico e

      audiovisual.

     .UF0668: Previsión de recursos escénicos  

      e humanos.

 

MF0701_3: Elaboración da plan de rodaxe e coordinación dos recursos para a rodaxe/gravación.

     .UF0669: Plan de rodaxe e organización

     de recursos humanos.

     .UF0670: Recursos técnicos e materiais    

 

     necesarios para a rodaxe/gravación.

MF0702_3: Organización e control de rodaxe/gravación e do proceso de postprodución.

     .UF0671: Organización e control da 

     rodaxe/gravación.

     .UF0672: Organización e control do proceso de

     Postprodución.

 

 

 CALENDARIO:

Duración: 7 meses.   Inicio do curso: Outubro do 2013

DATAS E HORARIOS:

Clases presenciais: 2 Clases semanais

(Luns e Mércores de 16:00 a 19:30)

Clases a distancia: 2 Clases semanais (Martes e Venres  2,5horas cada día en horario a determinar).

INSCRIPCIÓN:

Prazo:  Outubro do 2013.

 

DOCENTES:           

MIRIAM DEVESA

É Técnico Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos pola IES Imaxe e Son da Coruña (1999/2009).

Co-fundadora dende 2011 de “Localizaciones Audiovisuales de Galicia”.

Traballa dende hai 12 anos como freelance no sector audiovisual e cinematográfico no campo da produción.

Linkedin Miriam Devesa

 

ENRIQUE BATET

Con máis de 20  películas no seu haber, traballa no eido da produción cinematográfica e audiovisual dende hai 16 anos actualmente desempeñando a labor de Director de Produción e Xefe de Produción. Linkedin Quique Batet

 

HÉCTOR DIÉGUEZ

É Técnico Superior en Dirección de Audiovisuais e Espectáculos pola IES Imaxe e Son da Coruña (1998/1999).

Traballa dende hai 13 anos como freelance no eido da dirección cinematográfica e audiovisual, como axudante de dirección e Director de Casting