Visita ás instalacións de Onda Cero en Santiago de Compostela

Os alumnos do CPR O Raio Verde coñecen in situ como se realiza a produción radiofónica

Esta mañá. os alumnos de segundo curso do CPR O Raio Verde visitaron as instalacións que a emisora de radio "Onda Cero" ten en Santiago de Compostela. Alí, e da man dos seus traballadores, puideron afondar nas particularidades da produción radiofónica, prestando especial atención á autoprodución e ás desconexións informativas propias das delegacións de cadeas de ámbito estatal.

 

A visita tamén serviu para que os alumnos coñecesen todos os equipamentos e medios técnicos necesarios para a realización de espazos de radio. Desde os micros ata o cableado, pasando polos programas informáticos empregados.

 

 

As visitas a centros de traballo como a desta mañá, enmárcanse nas actividades complementarias que o CPR O Raio Verde programa para fomentar o contacto continuado coa realidade profesional do sector.