Os alumnos de 2º curso visitan a montaxe do concerto de Vetusta Morla en Compostela

A visita enmárcase nas actividades da materia “Xestión de espectáculos e eventos”

A pasada tarde, o alumnado de 2º curso, acompañado por Cecilia Carballido, profesora da asignatura “Xestión de espectáculos e eventos”, visitou o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela para coñecer, de primeira man, cómo se realiza a montaxe de espectáculos ao vivo.

 

Neste caso, o Multiusos albergará o concerto de Vetusta Morla. A banda madrileña é a cabeza de cartel dun festival no que participarán outros grupos do panorama pop rock indie español, como Eladio y los Seres Queridos, Misterioso Viaje Holanda o Novedades Carminha.

 

Durante a visita, os alumnos puideron coñecer cómo se realiza a montaxe do escenario e dos equipos de son e de iluminación. Ademais, varios membros da empresa produtora do concerto explicáronlle as etapas e especificidades da organización deste tipo de eventos.

 

Un dos aspectos que máis concentrou a atención dos alumnos foron os diferentes tipos de focos que se empregan nos espectáculos ao vivo e os seus diferentes usos. Tamén o material técnico sonoro, que puideron coñecer e comprobar as súas prestacións estando presentes nas diferentes probas de son que o equipo técnico do evento realizou durante a pasada tarde do xoves.

 

 

Os alumnos valoraron a actividade positivamente e recoñecen que, a próxima ocasión na que acudan a un concerto se fixarán máis en todas as cuestións que lles explicaron na tarde de onte.