Inauguración oficial do curso 2015-2016 o mércores 30 de setembro

O acto está organizado polos alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos

O próximo mércores 30 de setembro terá lugar a inauguración oficial do ano académico 2015 – 2016 no CPR O Raio Verde. Como ven sendo habitual, o centro, a través do alumnado de segundo, organiza unha gala inaugural para recibir aos alumnos de primeiro curso do Ciclo Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos.

 

Tras a benvida oficial da dirección do centro e a presentación do equipo docente, os alumnos de O Raio Verde poderán coñecer os entresixos, as actividades paralelas e a programación de “Curtocircuíto”, da man de Beli Martínez, coordinadora de actividades do festival.

 

A seguir, proxectarase unha escolma dos traballos realizados polo alumnado de segundo durante e o curso pasado. Spots, reportaxes e diferentes pezas audiovisuais coas que os recén chegados ao centro se poderán facer unha idea do desenvolvemento do curso.

 

Para rematar a gala, os asistentes poderán desfrutar da actuación, ao vivo, do grupo de pop “Ivy Moon”, que veñen de celebrar o seu primeiro ano de vida.

 

 

O xoves 01 de outubro, a partir das 09.00h, comezarán as clases para o alumnado de primeiro curso do Ciclo Superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CPR O Raio Verde.