O proxecto é a versión española de “Life in a day”, producido por Ridley Scott

“Spain in a day” é a historia dun día dos españois, rodada por eles e dirixida pola cineasta catalá Isabel Coixet. Trátase dun proxecto de cine colectivo, da primeira película feita por millóns de españois, que ten como obxectivo retratar 24 horas de vida no noso país a partir de imaxes gravadas por cidadáns anónimos cos seus móbiles, tabletas ou cámaras. O filme chegará á gran pantalla no Festival de Cine de San Sebastián de 2016,

O día no que os participantes estaban chamados a gravar as súas vidas foi o pasado sábado 24 de outubro. Nesa data, milleiros de persoas responderon á convocatoria de Coixet, entre eles, o alumnado do CPR O Raio Verde.

A día de hoxe, os alumnos dan os últimos retoques aos seus traballos antes de envialos á produtora, que fixou como data límite de entrega o próximo 15 de novembro. As gravacións enviadas non poderán estar editadas narrativamente, incluir música algunha, nin superar os 15 minutos de duración. A convocatoria está sendo un éxito e tan só nas primeiras 48 horas recibíronse xa 5200 videos.

Versión española de “Life in a day”

A idea de procede do proxecto orixinal “Life in a day”, a historia dun día na Terra, gravada en 2011, producida por Ridley Scott e dirixida por Kevin MacDonalds. Solicitaron a persoas de todo o mundo que gravasen unha xornada das súas vidas e responderan a preguntas sobre o que amaban, o que temían e o que os facía feliz. Rebiron máis de 4500 horas de material procedentes de 192 países. Todos os participantes foron citados como da longametraxe, unha cinta que foi distribuída en máis de 50 países e aclamada en festivais de cine de todo o mundo. A partir de aí, xerouse un formato que xa foi realizado con éxito en Gran Bretaña, Xapón e Italia e qe agora se está preparando en outros países como Alemaña, Emiratos Árabes ou Israel.